martes 11 de noviembre de 2008

ESE EXÉRCITO AFGANO

Hai dias nos que é mellor quedar na cama soñando con ese momento de benestar e de engrandecemento persoal, pero parece que se se poñen todo os medios para estar aí sen máis, ao despertar atopamos a realidade: A crúa realidade!
Cando despertas e miras pola ventá (sempre que se poida), e tratas de adiviñar se vai frío ou se todo iso que está a caer é en realidade auga e non outro líquido que nos faga pasar un bo día, e conectas a radio para saber se segues vivindo no mundo no que te deitache, comprobas que sempre desperta un no mesmo lugar onde se deitou, porque oes dicir que dous militares da armada Española! foron asasinados por rebeldes dun país que está en guerra continua. Isto quere dicir que o punto de vista informativo deste país non mellorou nada, e xa non digamos o deste estado absurdo (debe de ser polo da monarquía esa...).
Falamos de dous homes que foron gañar cartos e méritos a un lugar onde os gobernantes quixeron poñer as súas mans para queimalas, onde queren conseguir algo que non é seu e onde se quere impoñer, invadir a cultura rexente dende séculos escuros.
Teriamos que ter presente que non se pode informar de que asasinaron a dous soldados "galegos", xa que se hai guerra, non sei ata que punto é asasinato, pero como teñen nomes e familias cercanas á nosa sociedade hai que ver o terrible suceso como un golpe familiar. E que hai desas miles de persoas que morreron pola actuación deses compañeiros de ditos falecidos? e incluso por eles mesmos, non sei se é o caso, pero dende logo non se pode falar de asasinato para uns e de víctimas de guerra para outros, porque neste mundo, anque se empeñen algunhas persoas, somos todos iguais ante o feito de vivir, non sexamos deuses á hora de determinar que as outras culturas escapan da nosa relixión política, nin deixemos que se rian os altos poderes mundiais da incredulidade cidadá porque non somos monicreques en certos aspectos, senón que somos soldados dun exército político que non leva dun lado a outro para poder acadar unha groria, que se todo segue así, acabará por ser a groria dos defuntos.
Dixen ben, a groria dos defuntos: isto conleva entender que se queremos todo o que teñen os máis, e os máis o que temos o resto acabaremos por destruír o mundo no que vivimos, pero non o mundo físico, a terra, senón o mundo cultural, político económico que creou un ser tan fantástico como terrorífico, o ser humano.
Rematou o informativo da mañá e os meus pensamentos seguen voando por esa auga que cae do ceo, ese ceo ao que mira ese exército afgano para poder saír dun sen sentido mundial que xa ten metastese: a globalización.