martes, 25 de noviembre de 2008

Ei chairego!!!!

Non se me vai olvidar nun o último acto social ao que asistín, e é que a presentación dun libro sempre é unha boa nova e se encima o autor, escritor, creador, é un amigo, pois mellor aínda.
Sería posible non perder esta costume e facer o mesmo cada ano, so o amigo Paulo ten a ben seguir publicando pensamentos escuros!!!
Hai que ser sinceros e dicir que aínda que non houbese quen tragase a lectura deste libro para os amigos sempre sería unha das mellores obras escritas en moito tempo, pero vou facer alarde da miña sinceridade: que normalmente é o que fago. O Libro é de relatos, son dezaseis cadros pintandos por Miguel e decorados, creados, tintados por Paulo, nos que se reflexa todo o que lle gusta ao autor. As crónica chairegas son un caderno de viaxe polo mundo celta e pola idiosincrasia galega, facendo pé no cunqueiro máis divertido, ademáis de estar inspirado no noso Manuel María, que lle deu o título porque de non existir este home, o noso Paulo sería un pouquiño menos chairego, e digo isto sabendo que é chairego de verdade.
Non quero dicir nada máis, só que se o ledes veredes un universo que atrapa ao lector nun mundo xenial, un mundo no que nos gustaría vivir a todos. Parabéns para o autor.

1 comentarios:

Ulmo de Arxila dijo...

Ai Mon, que me salta a laghrimiña, hom!
Graciñas polos parabéns, bastante inmerecidos que todo hai que dicilo. Mais graciñas ante todo por estardes todos alí apoiándome nese día tan especial. Se non existísedes había que inventarvos, recoiro!
Unha aperta da miña parte e da dos 15 chairegos e 1 bergantiñán que andan a bulir polas páxinas desas crónicas que xa son miñas e vosas.